O Espazo SeteCamiños Esta de estreno
A prensa local faise eco do estreo do documental Espazo Setecamiños: Encrucillada no Tempo.
ESTREA DOCUMENTAL "SETE CAMIÑOS, ENCRUCILLADA DO TEMPO"

O DOCUMENTAL “SETE CAMIÑOS, ENCRUCILLADA DO TEMPO”
PRESÉNTASE O 13 DE XANEIRO NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro venres 13 de xaneiro, a partir das 20:30 horas e con entrada libre, a proxección do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”. Este traballo pretende poñer en valor o importante patrimonio natural, cultural e paisaxístico do espazo dos Sete Camiños, situado nunha estribación da serra de Domaio entre os concellos de Pontevedra, Marín e Vilaboa.
“Sete Camiños: encrucillada do tempo” é unha coprodución da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e Faro de Ons Producións. O realizador e arqueólogo Lukas Santiago e máis o antropólogo e economista Rafael Quintía, son os responsables do guión e da dirección deste traballo audiovisual, que tamén conta con João Bieites na realización técnica.
O CIPRIANILLO, A MOURA E O TESOURO DE SAN XULIÁN

Nunha das múltiplas visitas que fixemos o monte co gallo de cataloga-lo patrimonio etnográfico da contorna dos Sete Camiños un veciño de Marín, falando de lendas e mouros, contounos que nun determinado lugar do monte de San Xulián de Marín que non acertaba a identificar contaban que se aparecía unha vella moura que agochaba grandes tesouros que, de cando en vez, sacaba a asollar. Algún camiñante debeu ter a oportunidade de albisca-lo fabuloso tesouro, do contrario ninguén podería saber das preciosas alfaias que custodiaba a moura.
O Monte a monte
O monte, a monte
04.09.2010 Crean o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños para frear as agresións aos seus xacementos, situados entre Marín e Pontevedra
A creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños -o monte situado entre os concellos de Marín e Pontevedra- acábase de poñer en marcha -a través dunha páxina web (www.espazosetecaminhos.tk) e dun grupo en Facebook- ante as ameazas que poñen en risco os xacementos arqueolóxicos desta zona. Unha das primeiras accións dos colectivos que a impulsan foi a presentación de alegacións ao DOT (Directrices de Ordenación do Territorio, o borrador presentado pola Xunta), nas que lle solicitan á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a inclusión desta zona entre os espazos naturais protexidos de Galicia.
Aínda que a idea naceu en 2003, a creación deste espazo acaba de activarse nos últimos meses, impulsado por unha vintena de asociacións socioculturais e veciñais de Pontevedra, Marín e Vilaboa e mais un grupo de sete arqueólogos, co fin de pór en valor o seu patrimonio cultural, rico, sobre todo, en mámoas e petróglifos.
Estes colectivos designaron unha comisión técnica formada pola xornalista Paz Castro, o economista e investigador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, Rafael Quintía, o realizador e arqueólogo Lukas Santiago e o especialista en Multimedia David Suárez, que traballan directamente no proxecto. A creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é urxente, segundo os seus impulsores, logo da destrución da Mámoa de Louredo situada en terreos da Brilat por causa dunhas obras no seu campo de adestramento, onde construíron unha aldea afgá.
APOIO DO IV CONGRESO GALEGO DE COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
O IV Congreso Galego de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, que vén de celebrarse no Carballiño, deulle o seu apoio ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños nunha área que comprende os montes de Pontevedra, Marín e Vilaboa. Un representante da Comunidade de Montes de Lourizán e membro da comisión técnica desta iniciativa, que respaldan unha vintena de colectivos sociais dos tres concellos, deulle lectura a un manifesto que contou co respaldo unánime dos asistentes e da nova xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

Máis artigos...
Rexistrarte na Web do ESPAZO NATURAL E ARQUEOLOXICO DOS SETE CAMIÑOS, é gratis e poderás aportar os teus comentarios
Para navegar ven e sen atrancos recomendamos
En FaceBook
Axenda
Ultimos Comentarios
- Para este mes de outubro a A.C. Almuinha organiza ...
Imáxes

O Mercado
Webs de Interese
Se queres por a tua páxina contacta con nos
Estadisticas
Contido : 42
Visualizacións de contidos : 71545













